Para o apartado didáctico da exposición decidimos fuxir, ata certo punto, de certos convencionalismos asociados coa arqueoloxía e a arte contemporánea

. Así, en vez de programar unha serie de charlas ou conferencias, na liña do “academicamente correcto”, pareceunos máis axeitado buscar un vehículo máis lixeiro, que permitira achegar os coñecementos máis teóricos ao público, rañando discretamente a pátina da erudición para deixar á vista o aspecto máis lúdico e emocional das disciplinas que conviven nesta exposición.

Deste xeito, consideramos que un PechaKucha permitiría dinamizar e voltar máis lixeiros conceptos e palabras como prehistoria, ourivería, Idade do Ferro, estratificación social, roles de xénero, object trouveé, arte conceptual e postconceptual, site specific… sen risco de vanalizalas ou tornalas ocas ou anecdóticas.

A idea motora deste tipo de presentación non é simplificar ou restar calidade ás intervencións, busca unicamente manter en alto en todo momento o nivel de interese e de atención do público, algo moi complicado de facer nunha conferencia clásica, e que no pechaKucha é posible grazas ao seu formato, no que interveñen un gran número de poñentes e a que se realizan presentacións moi concisas arroupadas por unha constante e dinámica presenza gráfica.

As charlas programadas van manter o formato típico de PechaKucha: 20×20, é dicir, 20 imaxes que van cambiando cada 20 segundos, mentres que se desenvolve o tema. Deste xeito o tempo máximo para cada intervención será de 6 minutos e 40 segundos. Estas pequenas doses de información van a ensamblarse grazas á presenza dunha persoa, que a modo de mestra de cerimonias, vai ir presentando as 12 intervencións.

Temas básicos a tratar
A ourivería na prehistoria
A ourivería na protohistoria
A colección Gil Varela
Técnicas de ourivería
Os contextos dos materiais áureos
Conexións entre arte contemporánea e arqueoloxía
A poética do achado
Para un arte mais alá da estética
Un exercicio de arqueoloxía do persoal.
Reflexións sobre o xénero cultural

Aforo: Adaptado á capacidade da sala.
Orientado: A calquera persoa interesada no tema
Duración aproximada: A charla está programada para 1 hora de duración, pero vai a adaptarse á curiosidade e interese do público asistente.
Data: 18 de febreiro, 20 h