Mouras e mouros son figuras clave na mitoloxía do noroeste peninsular
. Esta raza de lenda habita no subsolo de castros e mámoas, resulta habitual atopar ás mouras peiteando os seus cabelos dourados ao sol mentres coidan dos tesouros subterráneos que se agochan preto dos xacementos arqueolóxicos. A moura é xenerosa, paga con bo ouro os favores e o trato amigable, pero non gusta de avarentos nin aproveitados. O ouro adoita transformarase en simple carbón cando se afasta da súa influencia. Para a arqueoloxía, calquera peza atopada é un tesouro na medida en que nos dá información das mulleres e homes que a xeraron.
Ratio: Aberto.
Orientado: A persoas que podan usar un dispositivo de rexistro de imaxe, cámara, móbil, tableta dixital… dispoñan de acceso á rede.
Rexistro do xogo: As persoas deben ver a mostra e logo crear a peza na casa. As pezas que se reciban pasarán a formar parte da galería de creacións na nosa web.
Dinámica do xogo
As persoas participantes collerán obxectos sen valor aparente que atopen tirados na rúa e pasarán a convertelos en pezas “especiais” tras bañalos ou patinalas con textura dourada ou prateada (usando sprays ou purpurinas). Este taller é unha homenaxe á peza 12 obxectos de Fernando Baena, unha obra baseada na idea estética do surrealismo. O descubrimento do marabilloso no cotián, do teórico do surrealismo, o poeta André Bretón, da que se tira a práctica do obxecto atopado, á que se fará referencia cando se explique a dinámica do xogo ás visitas.
As pezas intervidas, volverán a depositarse no punto no que foron localizadas, onde se fotografarán. Logo, as imaxes colgaranse na web da mostra co hashtag #AbrindoASalaDoTesouro
Que se busca co xogo?
Explicar dun xeito accesible o proceso arqueolóxico polo que un obxecto cotián pasa a converterse nunha peza de museo polo paso do tempo, así como a unha das dinámicas fundamentais para crear obxectos na arte de vangarda histórica e na arte contemporánea: o object trouveé, o obxecto atopado..
Realizar un primeiro achegamento ao folclore de mouras e as lendas etnográficas que rodean os achados áureos do noroeste peninsular. Achegaranse enlaces a sitios web, de recoñecida solvencia, no que se aborda esta temática.