O xogo consiste en atopar, entre diversas imaxes de diferentes enxovais funerarios da prehistoria, aqueles que se considera que corresponden cun enterramento feminino

, e logo explicar porqué se cree que se corresponde co dunha muller.

Nos xuízos emitidos polas persoas participantes no xogo para defender a súa opción van agromar toda a recua de prexuízos sobre o universo feminino -que temos no presente e cos cales tipificamos as producións do pasado-. Será na desmontaxe con datos reais deses prexuízos sobre o que se traballará na sesión.

Ratio: Visita tipo.

Xogo a realizar na sala de exposicións: Orientado a pechar unha visita guiada á mostra.

Duración aproximada: Tempo adecuado ás características do grupo.

Orientado: A todos os públicos.

Materiais
Conxunto de debuxos e descricións simples de 8 enxovais funerarios e numerosas imaxes dos materiais áureos da colección Gil Varela. Os materiais didácticos completaranse cun texto explicativo cunha relación sucinta das claves para interpretar correctamente as imaxes a analizar, todo achegado polo equipo da mostra á area de didáctica do museo.
Dinámica da actividade: As imaxes poden proxectarse a modo presentación – poden usarse as tabletas dixitais ou usar puntualmente o vídeo proxector da sala de audiovisuais- ou mediante apoio gráfico impreso. O achegamento aos materiais arqueolóxicos farase a viva voz, tanto a explicación dos exemplos usado como durante o debate que se inicie sobre os pre-conceptos que moi posiblemente amosen as persoas participantes sobre os obxectos visualizados.
Para evitar converter a actividade nunha simple aula, as tabletas dixitais ou as tarxetas coas imaxes, circularán con fluidez entre a xente participante, ou mesmo despregaranse no chan invitando ao grupo a sentarse e a atopar de entre todas as tumbas femininas e logo a que se comenten os porqués da diferentes eleccións. A monitora poñerá as codas necesarias aos comentarios do grupo, debullando os contidos conceptuais achegado na sección de obxectivos.

Que se busca co xogo?
Familiarizar ás persoas participantes con diversos obxectos arqueolóxicos hoxe non moi coñecidos polo gran público.
Dar a coñecer materiais arqueolóxicos que aparecen nos enterramentos da prehistoria.
Desmontar os tópicos que unen riqueza e poder con masculinidade.
Desvincular os obxectos finos e delicados co universo feminino e os rudos, ou asociados coa caza ou a guerra, coa esfera masculina.
[/two_third]