ANA DMATOS

Bestiarum: proxecto específico para a sala do Tesouro do Museo Provincial de Lugo.
Ana Dmatos crea un proxecto específico para a colección Gil Varela partindo da representación animal por excelencia da colección, o chamado “carneiro alado de Ribadeo”; esculturiña áurea descrita pola súa beleza baseada na súas ricas calidades artesanais, con controvertida datación crono- cultural. A artista encara a carencia de cronoloxía e tipificación cultural concreta da peza como horizonte para xerar Bestiarum. A obra, presentada a modo de falso achado musealizado, representa un ritual que liga natureza e cultura, facéndonos viaxar a unha paisaxe humana inda poboada pola nosa metade animal.

Fisuras na vitrina_34
Malia ao título, a obra, formada por cinco máscaras de animais sobre cadanseu soporte, non alude aos coñecidos bestiarios medievais, non é un catalogo de actitudes humanas personificadas en determinados animais.
ana04
O carneiro, a leoa, o oso –macho ou femia–, o paxaro –macho ou femia– e o cervo –macho ou femia– son convertidos en máscaras e, polo tanto, obxectos de mediación para vivir unha experiencia transcendente. DMatos proponlle á persoa portadora da máscara unha ruta cara a súa propia substancia natural como ser animal. –Cómo? Pois a través das interpretacións simbólicas que sobre os animais representados atesoura a cultura de cada quén. A peza, des-estructurando os mecanismos de musealización tradicional dos capolabori nun museo arqueolóxico, preséntanos un obxecto de funcionamento simbólico que só se activa coa nosa libre interpretación.
ana05
Para Ana DMatos, con un longo e frutífero traballo ás costas sobre os signos visuais cos que a nosa civilización representa a idea de poder asociado á idea de beleza -traballando até agora dende a creación do ouropel nos estados nacionais no poder temporal, e dende a alta idade media na creación do boato asociado ao poder espiritual-, agora, retoma este camiño para reflectir o constructo mítico da prehistoria que se dispara no público, ao contemplar as pezas de orivería desta escolma.
ana02
Coa intención de que aprehendamos criticamente o que se entende aínda por “beleza”, asociada aínda á autoridade moral, política, ao estatus social ou de xénero cultural, regálanos o seu Bestiarum: tamén de grande beleza formal e grande calidade artesanal e no que se utiliza tamén o ouro, epítome das autoridades de toda índole. Mais, como o carneiro, a obra non é o que semella. Non remite a un bestiario medieval por non pretender darnos unha lección moralizante.
ana03
As súas máscaras son obxectos permeables, transparentes, nin conceptual nin formalmente monolíticos, coma o repertorio de obxectos asociados a todo poder. Ademais, a súa exhibición pública non se fai sobre soportes que se aloxen de nós fisicamente: non hai podio, nin vitrina, ni peaña alta… e, sobre todo, e como coda final, non posúe só beleza formal, porque conseguen facernos entender que ningún adobío é intranscendente…
ana01
Bestiarium
Instalación, elementos:
– Soportes de ferro para esculturas
– 5 esculturas: fitas de plástico tecidas con grampas
de metal, fitas tea dourada, e pintura acrílica
Medidas variables
2016